
Este xoves tivemos reunión do Club de Ciencia no que fixemos un “snack experiment”: a comprobación da importancia de lavar as mans á hora de manipular alimentos. Por turnos, fomos tocando coas mans diferentes anacos de pan de molde e cada cacho introduciuse en bolsas de plástico individuais, para comprobar como evolúe o alimento co paso do tempo. Tamén se puxo en contacto un anaco de pan co teclado dun ordenador, para comprobar como é unha fonte de xermes. Ademais deste experimento, a nosa profesora de Física e Química explicounos as bases da construción dunha cámara estenopeica, que iremos mellorando en cada unha das sesións do club. Mans á obra!

Comentários