Aínda que a nosa intención era dar por rematada esta actividade, vímonos na obriga de publicar un novo cartaz pola importancia das efemérides que sucederon días desta semana: o 12 de abril de 1961 Yuri Gagarin convertíase no primeiro ser humano en viaxar ao espazo; o 14 de abril de 1935 falece Emmy Noether, que fixo importantes contribucións ás matemáticas e á física teórica, ademais de Einstein ser un grande admirador dela. Finalmente, o propio 18 de abril de 1955 é a data tamén de falecemento de Einstein, coñecido internacionalmente pola súa proposta de teoría da relatividade.
Semana científica: 12 de abril
pitacloritos
Comments